sexta-feira, 28 de fevereiro de 2014

Agradecidos pola participación!!

Rosalía é mundial!


Aos e ás que participaron nas actividades do Dia de Rosalía, grazas. Ficarán para a posteridade nestas imaxes tomadas na segunda feira 24

quinta-feira, 27 de fevereiro de 2014

Farewell to my land!

Deixámosvos unha versión en inglés dun poema coñecido por case todo o mundo para que practiquedes (We introduce you to an English version of a poem that almost everybody knows, to you practise)


 Outra maneira de celebrar o Día de Rosalía (Another way for celebrating Rosalia's Day)

sexta-feira, 21 de fevereiro de 2014

Día Internacional da Lingua Materna


21 de Febreiro, unha data como outra. Pero ben poucos saben que é o Día Internacional da Lingua Materna
A data foi escollida pola UNESCO hai uns quince anos para promover a consciencia lingüística e a diversidade cultural. (Se queredes máis información sobre por que se preferiu tal data, clicade aquí mesmo)


Todos os habitantes deste mundo temos unha lingua e pensamos que é como unha nai porque nos criamos con ela desde meniños. Algunhas linguas teñen muitos falantes, outras teñen poucos, pouquísimos, mesmo un ou dous. E en poucos anos desaparecerán culturas e formas de pensar, de comprender e de sentir porque ninguén vive para sempre.
Con todo, é unha pena que desapareza tanta riqueza. Neste día convén reflectir sobre o que herdamos dos nosos antepasados e o que queremos deixar para os que veñan despois.

quarta-feira, 19 de fevereiro de 2014

Semana de Rosalia

No próximo 24 de febreiro vaise celebrar o Dia de Rosalía, proposto pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) para os centros escolares
Para conmemoralo, preparáronse unhas actividades dirixidas a todos os membros que quixeren participar.

    Concurso “Descubrindo a Rosalía” Podedes consultar o folleto e bases na biblioteca, até o venres 28.
Haberá tres (3) premios.
    Sorteo “Un libro e unha flor” até o 28. @s alumn@s deben entregar na biblio un título dun poema de Rosalía. O sorteo farase na sesión correspondente do venres.
Haberá dous (2) premios (un por cada nivel).
Tamén, nos empréstimos de luns a xoves, @s usuari@s que leven un libro en galego recibirán unha flor. (Incluíd@s prof@s).
    Lectura en todas as clases de “Adiós ríos… na hora de lectura do mércores 26 (1ª hora)
(Estará o poema fotocopiado xa nas caixas de lectura de cada grupo). Despois continuará a hora de lectura habitual.
    Poemas musicados e vídeos na biblioteca. Recreos da cuarta (mércores) e quinta feira (xoves)
*******
                     RECREO DA SEGUNDA FEIRA (LUNS) 24 NA BIBLIOTECA 
                  - Lectura de poemas de Rosalía
                  - Exposición “Rosalía é mundial”.
                  - Debuxos e poemas en diferentes linguas.
                  - Vídeo musical


sexta-feira, 14 de fevereiro de 2014

O día do amorrhrrrr

O "día en que casan os páxaros" tradicionalmente era no 2 de febreiro (o día da Candelaria ou Candeloria)... o renacer, o recomezar todo de novo... pero xa a ninguén lle acorda!!
Agora temos de esperar ao 14 por San Valentín para que consagre os namorados, namoriscados, noivos, pares, parellas e apaixoados de calquer tipo e que podan celebralo con presentes e agasallos.
Disque coas cousas de amor hai que ir devagar, con preámbulos, centrarse antes no antes que no despois... ehem!!!
Propómosvos algo rapidiño, axiña: un concurso de e-poesia a través de Twitter... é sinxelo, se clicades AQUI vedes en que consiste e nesta outra ligazón están as bases para participar.

sexta-feira, 24 de janeiro de 2014

Novo ano, Benvindos ao 2014

Reiniciamos o ano escolar, iniciamos o ano do calendario.Logo deste reset, e para quecer dedos, un concursiño de relatos da
para máis detalles, clica AQuI

46º Concurso Literário de “Contos de Nenos para Nenos”
Alumnado do instituto interesado a participar vaino poder facer apenas pola categoría B (entre 13 e 16 anos), ainda que alguén podería entrar na A (de 6 a 12 anos). 
Non está mal: dous premios de 100 € a par dunha biblioteca de libros por un relato dun máximo de 10 (dez!) folios na categoría B
Só ten de ser orixinal (non publicado ningures, nin na rede nin en papel), escrito en galego e enviado antes do 31 de marzo do 2014.
Quen tiver interese xa pode ir facendo tres copias (tanto ten por computador ou á man), grampealas e detrás do último folio pórlle nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, nome do instituto e categoría na que participa. 
Despois ten de meter as copias nun sobre e envialo por correo a:

Associaçom Cultural O FACHO
R/ Frederico Tápia, 12-1º 
15005 A Corunha.