sábado, 22 de junho de 2013

Fin de curso...


Acabaron as clases, e o euiPAZO quere agradecer o traballo a prol do galego de toda a comunidade escolar, especialmente o d@s alumn@s. Sen vós non serían posibles tantas actividades, nin tantos soños se farían realidade, e este blog que comezamos durante este curso estaría baleiro. Agora tedes todo o verán por diante para revisar eses bos momentos, os videos, as vosas escollas... pero tamén para pensar en novas actividades para o próximo curso.
Hai
alumn@s colaborador@s que se van do centro, pero nunca se irán de todo...
Boas vacacións a tod@s e lembrade que "en galego tamén se cumpren os soños".
 
 

1 comentário:

  1. Agradecerche a ti o teu traballo, o teu esforzo e o estar sempre animando e adicándolle horas e horas ó "equipazo".

    Apertas e bo verán!!!

    ResponderEliminar